Hola rapaces, acabo de entrar nova ó foro. Son unha rapaza de Pontevedra totalmente novata no tema dos reloxos, e preciso un pouquiño de axuda. Veredes, teño que facer un traballo de creación dunha firma de reloxos e teño un problema, a verdade é que de especificacións técnicas só nos encargaron que teñan 5ATM e sexan automáticos, o demais, como vexamos. Iso sí, todas as coleccións costan entre 500 e 800 euros. Teño un gran problema, porque non sei cal é a maquinaria/movemento/calibre que lle debo meter aos reloxos. Suizo, xaponés, chino? lin de todo e a verdade é que no sei. Non sei que implica que sexan réplicas, etc. Tiña pensado meterlle calibres completos ETA, pero lin que deixaron de vender a competidores, e non sei que facer. Cal me recomendades que lle meta? é un reloxo sinxelo, nada complicado, pero é tan caro porque está feito de materias saturáis de Sudámerica, e inclúe pedras semipreciosas e prata.

Se me podedes axudar recomendándome un calibre volo agradecería moitisimo

Grazas!!